lunes, 11 de enero de 2016

Berta Dávila


Sempre contabas
o mesmo conto
igual:
o de Isolda,
que vivía no corazón do bosque
vestida con farrapos.

Depois souben que non sabías ler
e que sabías
todo o demais,
todo o que si importaba;

que aquel conto de Isolda
era a historia da túa viaxe a nós,
a que escribo eu agora
para ti.



Siempre contabas
el mismo cuento
igual:
el de Isolda,
que vivía en el corazón del bosque
vestida de harapos.

Desupés supe que no sabías leer
y que sabías 
todo lo demás,
todo lo que sí importaba;

que aquel cuento de Isolda
era la historia de tu viaje hacia nosotros,
la que escribo yo ahora
para ti.


Berta Dávila (Santiago de Compostela, 1987)
Raíz da fenda
Edicións Xerais, Vigo, 2013
Versión de Andrés Vara

No hay comentarios:

Publicar un comentario