jueves, 24 de diciembre de 2015

Miguel Vázquez Freire


Primeiras memorias

unha ra de chocolate
en Sardiñeiro

unha camiñada da man da avoa
ao fin do mundo
que daquela estaba
no muíño de Quenxe

unha labazada de meu pai
(moi xusta)
por non deixar que outros nenos
coidasen do lume da lareira
na escola de Ameixeira

unha labazada de meu pai
(inxusta)
por algo que eu non fixera

debullando mazarocas de millo
na porta da casa
en setembro

pelando castañas
en novembro

arrincando musgo das pedras
en decembro

tempos e lugares
de infancia
rachóns de memoria
e de ausencias


Primeras memorias

una rana de chocolate
en Sardiñeiro

una caminata de la mano de la abuela
al fin del mundo
que entonces estaba
en el molino de Quenxe

una bofetada de mi padre
(muy justa)
por no dejar que otros niños
cuidasen la lumbre del hogar
en la escuela de Ameixeira

una bofetada de mi padre
(injusta)
por algo que no había hecho

desgranando mazorcas de maíz
en la puerta de casa
en septiembre

pelando castañas
en noviembre

arrancando musgo de las piedras
en diciembre

tiempos y lugares
de la infancia
hilachas de memoria
y de ausencias


Miguel Vázquez Freire (Corcubión, A Coruña, 1951)
Memoria de meu
Cadernos de Néboa / Cuadernos de Niebla, núm. 7, Madrid, 2015
Versión de Andrés Vara

No hay comentarios:

Publicar un comentario