lunes, 4 de agosto de 2014

Rosalía Fernández Rial


Todas as rúas

Demasiado frío
para durmir
-di o carambelo dos teus labios-
Demasiado frío.
E á cidade non lle caben
os nosos corpos
nos seus petos.
Fora
é o único lugar que nos pertence.
Mais non tremas, amor.
Os edificios son árbores
con necrópoles de niños:
illas afogadas
en océanos que non flotan.
"Eles" teñen
un furado de asfalto vertical;
unha fiestra sen luz
entre as fauces da noite.
E nós?
Nós, todas as rúas.


Todas las calles

Demasiado frío
para dormir
-dice el carámbano de tus labios-
Demasiado frío.
Y a la ciudad no le caben
nuestros cuerpos
en sus bolsillos.
Fuera
es el único lugar que nos pertenece.
Pero no tiembles, amor.
Los edificios son árboles
con necrópolis de nidos;
islas ahogadas
en océanos que no flotan.
"Ellos" tienen
un agujero de asfalto vertical;
una ventana sin luz
entre las fauces de la noche.
¿Y nosotros?
Nosotros, todas las calles.


Rosalía Fernández Rial (Carballo-Muxía, A Coruña, 1988)
Vinte en escena
Edicións Positivas, Santiago de Compostela, 2012.
Versión de Andrés Vara

No hay comentarios:

Publicar un comentario