sábado, 12 de abril de 2014

Cristina Ferreiro Real


Trazamos círculos
concéntricos
arredor da historia.
Coma se estivésemos
suspendidos
onde o equilibrio.
Somos un pano frío
arredor da historia.
Unha descarga efémera
de palabras tristes
e absurdas.
Trazamos círculos
concéntricos
agora que estamos seguros
do silencio.
Vemos morte, borralla,
indiferenza cíclica
cruzando alfándegas de tempo escaso.
Vemos
cidades tristes, cans
apareándose no centro exacto
deste país pequeno.
Trazamos círculos
concéntricos
e nada disto deixará vestixio
na memoria
de ninguén.



Trazamos círculos

concéntricos
alrededor de la historia.
Como si estuviésemos
suspendidos
donde el equilibrio.
Somos un paño frío
alrededor de la historia.
Una descarga efímera
de palabras tristes
y absurdas.
Trazamos círculos
concéntricos
ahora que estamos seguros
del silencio.
Vemos muerte, ceniza,
indiferencia cíclica
cruzando aduanas de tiempo escaso.
Vemos
ciudades tristes, perros
apareándose en el centro exacto
de este país pequeño.
Trazamos círculos
concéntricos
y nada de esto dejará rastro
en la memoria 
de nadie.


Cristina Ferreiro Real (Lugo, 1983)
Abededario póstumo
Edicións Espiral Maior, A Coruña, 2013
Versión de Andrés Vara

1 comentario: