lunes, 20 de enero de 2014

Manuel Álvarez Torneiro


Anuncios por palabras

Imprescindible inglés. Praza segura.

Rapaza en lapas de pracer ofrécese.

A medalla
dun vello sufrimento pola patria.

Un xogo de floretes. Un manual de estrelas.

Unha historia do cine en branco e negro.

Un chaleco antibalas.

Un ábaco. Dous budas.

Cen soldados de chumbo.

Un libro de Calímaco (curioso)
Unha vista do ceo caendo sobre Delfos.

Unha cadeira art-decó. Un gramófono.
Un quinqué. Un astrolabio.

Estampas doutro mundo con cometas,
con merendas campestres
e liño e pés descalzos.

Unha pedra do muro de Berlín (quilo e medio).

Un mascarón de proa que non tivo Neruda.
A Mariquita Pérez que reinou nalgún pazo.

Candea de aceite en bronce con pé abalaustrado.
Dous álbums con ríos que desapareceron.

Un acordeón que, ben tocado, chora.


Anuncios por palabras

Imprescindible inglés. Plaza segura.

Se ofrece muchacha en llamas de placer.

La medalla
de un viejo sufrimiento por la patria.

Un juego de floretes. Un manual de estrellas.

Una historia del cine en blanco y negro.

Un chaleco antibalas.

Un ábaco. Dos budas.

Cien soldados de plomo.

Un libro de Calímaco (curioso).
Una vista del cielo cayendo sobre Delfos.

Una silla art-decó. Un gramófono.
Un quinqué. Un astrolabio.

Estampas de otro mundo con cometas,
con meriendas campestres
y lino y pies descalzos.

Una piedra del muro de Berlín (quilo y medio).

Un mascarón de proa que no tuvo Neruda.
La Mariquita Pérez que reinó en algun pazo.

Candela de aceite en bronce con pie abalaustrado.
Dos álbumes con los ríos que desaparecieron.

Un acordeón que, bien tocado, llora.


Manuel Álvarez Torneiro (A Coruña, 1932)
Os ángulos da brasa
Kalandraka Editora, Pontevedra, 2013
Versión de Andrés Vara

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario