domingo, 5 de enero de 2014

Fran Alonso


Escribireiche poemas de amor e morte,
pura vinganza de días, de odios,
asasinados a cada intre en min
pola túa man pérfida, planificadora,
executadora das máis intrincadas xenreiras
que poida concibir o noso amor.
¿Coñeces acaso a dor da palabra escrita?
Será a miña vinganza, o meu odio,
a miña esperanza, o meu renacer.
Coídate, loba, da miña palabra,
sucúmbeme antes da escrita,
derrótame nun imprevisto,
nun contrataque do inicio da batalla.
Despois, amor, todo estará perdido,
para ti.


Te escribiré poemas de amor y muerte,
pura venganza de días, de odios,
asesinados a cada instante en mí
por tu mano pérfida, planificadora,
ejecutadora de los más intrincados rencores
que pueda concebir nuestro amor.
¿Conoces acaso el dolor de la palabra escrita?
Será mi venganza, mi odio,
mi esperanza, mi renacer.
Cúidate, loba, de mi palabra,
sucúmbeme antes de la escritura,
derrótame en un imprevisto,
en un contrataque al principio de la batalla.
Después, amor, todo estará perdido,
para ti.


Fran Alonso (Vigo, 1963)
Subversións
Edicións Xerais de Galicia, Vigo, 2001.
Versión de Andrés Vara

No hay comentarios:

Publicar un comentario