domingo, 11 de agosto de 2013

Cristina Ferreiro Real


Todo sucede nun instante:
Alguén ocupa este instante arredor da Historia,
este instante apagado
que non comprendo. Esta illa
de latitude inmensa. Esta guerra
fragmentada se non volves.

Todo sucede nun instante:
Alguén ocupa este instante que non detecto.
Inútil este silencio arredor da nada, inútil
esta pregunta anegada de ausencia.
Todo sucede calquera domingo de maio.
Todo no desamparo. Todo na carencia.


Cristina Ferreiro Real (Lugo, 1983)
Abecedario póstumo. Edicións Espiral Maior, A Coruña, 2013

No hay comentarios:

Publicar un comentario