miércoles, 12 de junio de 2013

Eusebio Lorenzo Baleirón


Acto de fe

Máxicas liñas de luz para tecer paisaxes,
iluminar camiños,
albiscando no fondo de nós mesmos
pretéritas voces ou silencios.
Sobre as pedras da vida
auga verde cantando o que non vimos.
No ar un recendo de séculos infindos.
Sobre as follas do bosque
os meus pasos en sombra
indo xa sen cadencia.
Un constante remuíño de cores
invítame a sorrir. Sucesivas
imaxes de menceres agroman na memoria.
Quixera ser un val e cando morra,
nos abeiros máis vellos desta terra,
soñar como a carqueixa, como soña
a donda soidade deste espacio
con ser acougo e canto.


Acto de fe

Mágicas líneas de luz para tejer paisajes,
iluminar caminos,
atisbando en el fondo de nosotros mismos
pasadas voces o silencios.
Sobre las piedras de la vida
agua verde cantando lo que no vimos.
En el aire un aroma de siglos infinitos.
Sobre las hojas del bosque
mis pasos en sombra
que van ya sin cadencia.
Un constante remolino de colores
me invita a sonreír. Sucesivas
imágenes de amaneceres brotan en la memoria.
Quisiera ser un valle y cuando muera,
en los refugios más viejos de esta tierra,
soñar como un arbusto, como sueña
la apacible soledad de este espacio
con ser sosiego y canto.


Eusebio Lorenzo Baleirón (Dodro, A Coruña, 1962-1986)
Antología poética. Edicións Espiral Maior, A Coruña, 2000
Versión de Andrés Vara

No hay comentarios:

Publicar un comentario